Saltar ao contido

Pascual Cervera y Topete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPascual Cervera y Topete

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1839 Editar o valor en Wikidata
Medina Sidonia, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 1909 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Puerto Real, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Mariños Ilustres Editar o valor en Wikidata
Ministro de Mariña de España
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónoficial da armada, mariño Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra Hispano-Estadounidense Editar o valor en Wikidata
Participou en
3 de xullo de 1898Batalha de Santiago de Cuba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5044344 BNE: XX1522863 Editar o valor en Wikidata

Pascual Cervera e Topete, nado en Medina Sidonia (Cádiz) o 18 de febreiro de 1839 e finado en Puerto Real (Cádiz) o 3 de abril de 1909[1], foi un destacado Almirante da Armada Española e ministro de Mariña de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou no colexio naval ao trece anos o 30 de xuño de 1852 e foi ascendido a Gardamariña en 1855, prestando servizo durante a campaña de África na fragata de hélice Princesa de Asturias e no Vasco Núñez.[2]

Cando cumpriu vinte e un anos recibiu o despacho de Alférez de Navío.[3] Foi enviado posteriormente a Filipinas, baixo as ordes de Casto Méndez Núñez. Loitou, entre 1862 e 1865, na expedición á Conchinchina e ás illas Filipinas,[4] contra os rebeldes malaios e nos asaltos aos fortes da Cotta e de Pagalugan, onde foi ascendido a tenente de navío en atención por méritos de guerra. Continuou en Filipinas realizando traballos de hidrografía e levantando cartas dos centenares de illas do arquipélago, regresando á península en 1865.

Entre 1865 e 1868, encargóuselle a formación de gardamaríñas a bordo do navío de liña Francisco de Asís.[2]

Ascende a Capitán de fragata e toma parte na guerra carlista e na defensa do Arsenal da Carraca durante a proclamación do Cantón de Cádiz.[5] Trala Revolución Cantonal, foi enviado de novo a Filipinas, ao mando da corveta de hélice Santa Lucía, onde tivo que intervir en accións de guerra, especialmente en Mindanao. En 1876 foi nomeado Gobernador do arquipélago de Joló. De volta á península, e tras ocupar diversos cargos no ministerio de mariña, recibiu o mando do buque escola de gardamariñas, a corveta Ferrolana a mediados de 1879. A finais de 1880 foi designado comandante militar de mariña de Cartaxena.[5]

Gravado da Ilustración Española e Americana de 1893

Presidiu a Comisión Construtora do acoirazado Pelayo, do que en 1888, e con José Ferrándiz y Niño como segundo ao mando, foi o primeiro comandante como parte da súa primeira dotación[6], recibindo durante a súa estancia en Francia a Lexión de honra.[5] En 1891 foi nomeado director técnico e administrativo dos estaleiros do Nervión, contratados para levar a cabo a finalización da construción do tres cruceiros acoirazados da clase Infanta María Teresa.

Entre o 14 de decembro de 1892 e o 23 de marzo de 1893 exerceu como ministro de mariña, nun goberno de Sagasta e no que dimitiu cando lle baixaron o orzamento.[3] Durante a lexislatura 1893-1894, foi elixido senador por Cádiz e durante a lexislatura 1898-1899 por Albacete.[1] En agosto de 1893 é nomeado Xefe da Comisión de Mariña de España en Londres, tomando parte na Conferencia Naval Europea, realizando labores de interlocución con empresas construtoras navais e de interlocutor con diferentes ministerios no que afectaba os asuntos marítimos, principalmente na guerra chino-xaponesa e a influencia dos Estados Unidos nas colonias de Filipinas e as Antillas.

De novo Cervera Topete é nomeado para un posto na Carraca, neste caso de Comandante Xeral do Arsenal como Contraalmirante en maio de 1896 ás ordes de José de Carranza, Capitán Xeneral do Departamento Marítimo de Cádiz.

Contaba cunha longa experiencia en cargos militares navais e, ao estalar a Guerra hispano-estadounidense en 1898, logrou burlar o bloqueo ao que estaban sometidas as Antillas españolas por tres poderosas formacións navais norteamericanas.

O 3 de xullo de 1898, en augas de Santiago de Cuba, presentou batalla á frota do almirante Sampson, superior en número e calidade de equipos, a escuadra española foi vencida tras un desigual combate. Cervera e os seus superiores mantiñan posturas enfrontadas sobre a forma en que se debía actuar. Cervera acatou sempre as ordes recibidas, pero o fixo de mala gana, no último momento e mostrando a súa desconformidade. A decisión de Cervera de saír de Santiago a pleno día e pegado á costa só se explica desde o punto de vista humanitario, para tratar de minimizar o número de vítimas na batalla, o cal confirma que Cervera daba por perdida a batalla antes de iniciala.

Esta forma de pensar coincide coa súa decisión inicial de evitar enfrontarse á escuadra estadounidense e esperar resgardado no porto, o que resultou erróneo e contraproducente, pois de tódolos xeitos tivo que acabar enfrontándose á frota estadounidense, pero nunha situación infinitamente máis desventaxosa que nunha batalla en mar aberto, pois os seus buques tiveron que saír do porto e presentar batalla un a un. O porto de Santiago era aparentemente un bo refuxio, pois ofrecía protección á frota fronte a un ataque de forzas navais pero, por esas mesmas características, resultou unha ratoeira para a frota española ao saír de porto a presentar batalla. Como resultado da batalla, morreron 300 mariños españois por 1 mariño estadounidense, e outros 2 000 mariños españois foron feitos prisioneiros.[3]

Aínda que hai que recoñecer que as forzas navais españolas eran notablemente inferiores ás estadounidenses, Cervera foi incapaz de idear unha estratexia militar coherente e estruturada. O Capitán de Navío Fernando Villaamil propuxera realizar accións ofensivas para facer repregarse ao inimigo e conseguir un maior equilibrio de forzas, e o tamén Capitán de Navío Joaquín Bustamante propuxera unha saída nocturna graduada. Ningunha das dúas propostas foi atendida por Cervera, que optou pola inacción. Ademais, Cervera puido tomar outras decisións erróneas: a distancia entre uns barcos e outros ao saír foi excesiva, e resulta bastante discutible que a orde que elixiu de saída dos barcos fose axeitada.

Cervera foi feito prisioneiro na batalla. Outra sorte correu o Capitán de Navío Fernando Villaamil, que resultou morto en combate a bordo do Furor. O Capitán de Navío Joaquín Bustamante non participou na batalla, pois desembarcara ao mando das columnas de desembarco, resultando ferido na Batalla dos Outeiros de San Juan, preto de Santiago de Cuba e faleceu poucos días despois.

Trala guerra de Cuba, Cervera tivo que soportar a incoación dun procedemento contra el, debendo solicitarse un suplicatorio pola súa condición de senador,[1] e os seus oficiais sobreviventes. O cal deu como resultado o sobresemento da causa.

Na lexislatura 1903-1904, foi designado senador vitalicio.[1] Faleceu o 3 de abril de 1909, despois de ocupar varios cargos importantes, e os seus restos descansan no Panteón de Mariños Ilustres de San Fernando[7] onde foi inhumado o 19 de xuño de 1916.

Trala súa morte, un buque da Armada Española portou o nome de Almirante Cervera.

Unha rúa de Barcelona levou o nome de "Almirante Cervera". En maio de 2017, o concello manifestou a súa intención de lle muda-lo nome polo de Pepe Rubianes, feito que levou a cabo o 15 de abril de 2018 motivando as protestas dos descendentes do almirante.[3][8]

Predecesor:
José López Domínguez
Ministerio Mariña
14 de decembro de 1892 - 23 de marzo de 1893
Sucesor:
Manuel Pasquín de Juan
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Expediente personal del senador D. Pascual Cervera y Topete, por las provincias de Cádiz y Albacete (no juró) y vitalicio". senado.es. Consultado o 23-04-2018. 
  2. 2,0 2,1 Instituto Luis de Salazar y Castro (1979), p. 22
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Sust, Toni (15-04-2018). "Cervera, el almirante que predijo que defender Cuba sería un desastre". elperiodico.com. Consultado o 23-04-2018. 
  4. Pérez Adán, Luis Miguel (21-04-2018). "Pascual Cervera y Topete en la Sublevación Cantonal de Cartagena". laverdad.es. Consultado o 23-04-2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Instituto Luis de Salazar y Castro (1979), p. 23.
  6. Anca (2002)
  7. Ordaz, Pablo (22-04-2018). "Héroe en la Cuba de Castro, facha en la España de Colau". elpais.com. Consultado o 22-04-2018. 
  8. "Barcelona dedica un carrer a Rubianes entre les queixes de la família Cervera". ccma.cat. 17-04-2018. Consultado o 22-04-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Anca Alamillo, Alejandro (2002). El Acorazado Pelayo. Valladolid: Quirón Ediciones. ISBN 8496016021.   
  • VV.AA. (1979). Semblanza de hidalgos: opúsculos genealógicos. Vol. I. Madrid: Instituto Luis de Salazar y Castro. ISBN 84-00-04521-1. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]